Acción conxunta de Blogues pola Lingua na véspera do Día das Letras.
13 maio 2009 – 7:05 pm
A Rede de blogueiras/os en defensa do galego - Blogues pola Lingua, desenvolveremos o vindeiro sábado 16 de maio unha acción virtual conxunta, na véspera do Día das Letras Galegas, co obxecto de amosar a nosa plena adhesión ao "Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego" promovido por A Mesa pola Normalización Lingüística, así como de apoiar e difundir a mobilización convocada por este colectivo para o vindeiro 17 de maio, con saída 12h dende a Alameda de Compostela.
A acción consistirá en que o sábado 16 de maio, TODAS e TODOS os blogueiros membros de BpL engadiremos unha entrada nos nosos respectivos blogues, na que incluiremos alén do que cada un/unha estime oportuno, o seguinte TEXTO COMÚN:
O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.
("Da Vella Roseira", Victoriano Taibo)
Mañá 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas manifestándonos en Compotela en defensa do noso idioma. Poque o galego é a nosa columna vertebral, o idioma que nos une. Vén cada nós, para expresarmos todas e todos xuntos que queremos vivir en galego.
Adherímonos así mesmo ao "Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego", promovido por A Mesa pola Normalización Lingüística.
Blogues pola Lingua pretende ser unha rede de acción, de feitos, en favor do noso idioma. Mañá celebramos o Día das Letras Galegas, data que ten sentido por server de homenaxe á nosa fala e á nosa escrita, pero que debemos vivir de maneira cotiá os 364 días que restan de ano.Precisamente o feito de poder vivirmos en galego con plena normalidade é o que se demanda este ano no 






