Nace “BLOGUES POLA LINGUA” a rede de blogueiras/os en defensa do Galego.

14 Maio 2008 – 1:38 pm

  • Rexeitan os ataques que está a recibir o galego e apostan por estender o uso da lingua galega en Internet.
  • Adhírense ao manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística e chaman á participación na manifestación do vindeiro domingo 18 de maio en Compostela.

Galiza, 14 de maio de 2008.- No día de hoxe ven de apresentarse publicamente a Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego. O colectivo baixo a denominación de “Blogues pola lingua” (BpL) está impulsado por un grupo promotor formado por seis autoras/es de blogues galegos.

O colectivo nace coa intención de defender e promover a lingua galega dende e na Rede, aproveitando as potencialidades da web 2.0 na que os blogues ocupan un papel destacado. “O nacemento de Blogues pola Lingua é un novo paso na liña do compromiso que ten o blogomillo co noso idioma” sinalan dende a comisión promotora. “Nun momento no que os ataques cara o galego non se disimulan, pensamos que era o intre de dar un paso adiante na defensa do idioma” recalcan.

A respecto da finalidade do colectivo explican que “Apostamos por estender o uso do galego na Rede para convertelo na lingua vehicular das galegas e dos galegos en Internet, conseguilo será un indicador da normalidade que unha inmensa maioría social reclamamos”.

A primeira acción de BpL foi a de lanzar dende o seu blogue (www.bloguespolalingua.blogaliza.org) un manifesto titulado “Na defensa do noso idioma”, e para o que agardan unha gran cantidade de adhesións nos vindeiros días, xa que a poucas horas do seu nacemento afirman ter recibido unha importante cantidade de correos electrónicos de blogueiras/os interesadas/os en apoiar esta iniciativa.

No manifesto indican que rexeitan todos os ataques ao galego especialmente “no caso de entidades que declarándose defensoras dun presunto, mais falaz, bilingüismo incorren en ser de facto unha manifestación do auto-odio”, din textualmente.

No texto chaman á cidadanía galega, e de maneira específica á mocidade, a participar o vindeiro 18 de maio na manifestación nacional convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Así mesmo declaran tamén a súa adhesión colectiva ao Manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego” de A Mesa pola Normalización Lingüística.

====

(Texto da nota de prensa envíada a todos os meios de comunicación)

Chuzame! chuzame -
  1. 11 Responses to “Nace “BLOGUES POLA LINGUA” a rede de blogueiras/os en defensa do Galego.”

  2. Nova publicada

    http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/539/1/

    Adiante!!

    By Kiko on Mai 14, 2008

  3. Moi boa idea amigos,todo o que se faga pola nosa lingua e pouco.Animo e non desfalezades.

    By Ivan on Mai 14, 2008

  4. Moitisimas grazas polos vosos comentarios e polo voso apoio a esta iniciativa. Unha aperta.

    By Xabier Pérez Igrexas on Mai 14, 2008

  5. Parabéns a vós pola iniciativa e agora toca enriquecernos co traballo de todos/as e dinamizar en galego a rede.

    By Román on Mai 14, 2008

  6. Todos xuntos podemos conseguir que o galego non sexa esquecido. Adiante!!

    By Silvio Falcón on Mai 14, 2008

  7. Vexo que estamos crecendo a moi bo ritmo; moi ben feito compañeir@s!!!!

    By rubenperez on Mai 14, 2008

  8. É a nosa lingua, se non a coidamos nos quén o vai facer?

    Eu xa teño ganas do .gal, danme envexa (da boa) os cataláns co seu .cat.

    Apertas.

    By mencía on Mai 15, 2008

  9. A verdade e que daba algo por ter un dominio .gz

    By Bardo do vinho on Mai 15, 2008

  10. contades con todo o meu apoio: puxen xa o banner no meu blog e tentarei estar na manifestación do vindeiro domingo. ánimo!

    By kaplan on Mai 15, 2008

  11. parabéns pola iniciativa, eu tamén súmome á lista de blogues pola língua galega, un saúdo e adiante !!

    www.apontevella.com

    By breogain on Mai 16, 2008

  1. 1 Trackback(s)

  2. Mai 15, 2008: BNG Baiona » O GALEGO é un dereito básico!

Post a Comment