BLOGUES POLA LINGUA celebra as Letras Galegas coa acción conxunta “Combater a ignorancia con poesía”
16 maio 2008 – 9:12 pm- Os 120 blogues adheridos a BpL escribirán mañá unha mesma entrada nas súas respectivas bitácoras cun poema de Celso Emilio Ferreiro.
- Kiko Da Silva, Manolo Bragado, Xabier P. Docampo e Marta Dacosta son as/os blogueiras/os máis coñecidos que forman parte de BpL.
Galiza, 16 de maio de 2008.- A Rede de Blogueiras/os en Defensa do Galego “Blogues pola Lingua” (BpL), xa ten 120 blogues adheridos apenas 48h após o seu nacemento. Por outra banda o blogue de BpL, www.bloguespolalingua.org está a piques de conseguir as 5.000 visitas.
Estos datos revelanse para as/os promotoras/es da iniciativa todo un éxito que xustifican en que “no blogomillo (a blogosfera galega) había moitas ganas de facer algo propio en defensa do galego” e sosteñen que “Blogues pola Lingua” vai ter continuidade máis aló da manifestación nacional do domingo 18 de maio.
Entre as/os blogueiras/os máis coñecidas/os que apoian BpL cabe destacar ao debuxante Kiko Da Silva, o director de Edicións Xerais, Manolo Bragado, e os escritores Xabier P. Docampo e Marta Dacosta.
Co gallo da celebración mañá sábado 17 de maio do Día das Letras Galegas, Blogues pola Lingua vai desenvolver unha acción denominada “Combater a ignorancia con poesía” que consistirá en que todos os blogues adheridos van escribir unha mesma entrada en cadansúa bitácora co poema de Celso Emilio Ferreiro “Deitado frente ó mar” (Longa Noite de Pedra).
Dende a comisión promotora da rede sinalan que “só da máis profunda e pobre das ignorancias pode nacer o auto-odio que vertebra o discurso que proclaman, envelenando, as/os que se din de lingua bífida” que pretenden contrarestar dun xeito orixinal co comprometido texto de Celso Emilio Ferreiro.
“Trátase de combater dunha maneira imaxinativa toda a campaña de despropósitos que estamos a presenciar en nome do bilingüismo” afirman.
===
(Texto da Nota de Prensa envíada a todos os meios de comunicación)
chuzame -






3 Responses to “BLOGUES POLA LINGUA celebra as Letras Galegas coa acción conxunta “Combater a ignorancia con poesía””
Quixera facer unha proposta: mostrar o noso apoio á candidatura do Patrimonio Oral Galego-Portugués a Patrimonio Inmaterial da UNESCO, promovida pola asociación Ponte nas Ondas. Deberiamos redactar un manifesto instanto ao Estado español a involucrarse activamente (e non pasivamente, como ata agora) no proceso ó igual que fixo Portugal resaltando o carácter transfronterizo da candidatura e a súa importancia na revalorización do idioma propio. Que opinades vós?
Outra proposta relacionada podería ser incluír unha imaxe do logotipo no noso blog nunha entrada ou nunha marxe: http://www.blogoteca.com/upload/bit/arti/591-24546-a-patrimonio.bmp
By Boedense on mai 18, 2008
Vexo que hai blogues como o de Kiko da Silva que son en castelan. Como se permite que se adhesione?
By Lathinius on xull 17, 2008
Vos incluimos na nosa selección para o día do blogue. Difundide a iniciativa.
By baionaconsciente on set 1, 2008