Acción 17-M: Combater a ignorancia con poesía.
16 Maio 2008 – 7:00 pm
Blogues pola Lingua pretende ser unha rede de acción, de feitos, en favor do noso idioma. Mañá celebramos o Día das Letras Galegas, data que ten sentido por server de homenaxe á nosa fala e á nosa escrita, pero que debemos vivir de maneira cotiá os 364 días que restan de ano.Precisamente o feito de poder vivirmos en galego con plena normalidade é o que se demanda este ano no manifesto d'A Mesa pola Normalización Lingüística ao que BpL estamos adheridas/os de maneira colectiva.
É evidente que só da máis profunda e pobre das ignorancias pode nacer o auto-odio que vertebra o discurso que proclaman, envelenando, as/os que se din de lingua bífida, e todos aqueles que sen tapuxos nen disimulo atacan ao noso idioma falando de imposicións ficticias e que din defender presuntas liberdades tralas que agochan o xugo da pretendida eliminación cultural, do medo á diferenza.
Por iso BpL propón a todos os blogues que se adheriron a esta Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego, unha acción conxunta para mañá sábado 17 de maio: unha entrada simultánea en todas as bitácoras, que consiste no seguinte:
- Todas/os as/os blogueiras/os de BpL redactarán unha entrada en cadanseu blogue, baixo o título "Poesía contra a ignorancia" que conterá o texto completo do seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro (Longa Noite de Pedra):
DEITADO FRENTE Ó MAR...
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
chuzame -






4 Responses to “Acción 17-M: Combater a ignorancia con poesía.”
http://silviofalcon.blogaliza.org/2008/05/17/poesia-contra-a-ignorancia/#respond
By Silvio Falcón on Mai 17, 2008
http://sempreengaliza.blogspot.com/2008/05/lingua-lingua-lingua.html
By Xacobe Abel Fernández on Mai 17, 2008