BpL adhírese á convocatoria da Plataforma Queremos Galego!

16 Outubro 2009 – 5:41 p.m.

  • A Rede de Blogueiras/os en Defensa do Glego comparte plenamente os obxectivos da plataforma.
  • Fan un chamamento á participación masiva na mobilización do vindeiro domingo 18 para contestar os ataques contra do galego.

Galiza, 16 de outubro de 2009.- A Rede de Blogueiras/os en Defensa do Galego “Blogues pola Lingua”, que aglutina na actualidade a máis de 200 blogues, adheriuse á convocatoria da Plataforma Cidadá Queremos Galego dunha mobilización na defensa do noso idioma que terá lugar este domingo 18 na cidade de Compostela.

Blogues pola Lingua comparte plenamente os obxectivos da devandita plataforma, acreditando en que neste contexto de ataque continuado contra do noso idioma por parte do Partido Popular, esixe unha firme contestación social a través dun proceso de mobilizador que non debe rematar o vindeiro domingo.

É por iso que a Rede da que forman parte blogueiras e blogueiros tan significados como Manuel Bragado, Xabier Docampo, Marta Dacosta ou Kiko Da Silva, fai un activo chamamento á participación masiva na mobilización que sairá o vindeiro día 18 ás 12h dende a Alameda de Compostela, e que xa conta co apoio de centos de colectivos e persoas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sorry, comments for this entry are closed at this time.

Olark Livehelp