Ciberacción contra a manipulación da RTVG na cobertura da manifestación de Queremos Galego!

18 Outubro 2009 – 11:58 p.m.

A Rede de blogueiras/os en defensa do Galego “Blogues pola Lingua” (BpL), convoca unha ciberacción conxunta para denunciar a nula cobertura e a evidente terxiversación e manipulación levada a cabo por parte da Radio Televisión de Galiza en relación á manifestación celebrada hoxe en Compostela en defensa do noso idioma.

A acción consistirá en que os blogues adheridos a BpL, escriban nas súas respectivas bitácoras unha entrada facéndose eco da realidade da manifestación, incluíndo material gráfico e audiovisual que desexen e o seguinte texto común:

O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna “Televisión, manipulación”, o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.

Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.

Galerías fotográficas da manifestación (nas que se pode comprobar a asistencia):

http://www.xornal.com/album/2009/10/18/foto/2009101816281337296.html

http://www.anosaterra.org/nova/35944/fotogaleria-i-da-manifestacion-de-queremos-galego.html
http://www.anosaterra.org/nova/35948/fotogaleria-2-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35949/fotogaleria-3-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35950/fotogaleria-4-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35951/fotogaleria-5-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35952/fotogaleria-6-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35953/fotogaleria-7-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35954/fotogaleria-8-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35955/fotogaleria-9-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35956/fotogaleria-10-da-manifestacion-do-18-de-outubro.html

(*) Fotografía: A Nosa Terra Diario

Chuzame! A Facebook A Twitter
  1. 12 Responses to “Ciberacción contra a manipulación da RTVG na cobertura da manifestación de Queremos Galego!”

  2. A TVG en ningún momento falou de agresión e antes de falar dunha suposta “distorsión da realidade” hai que saber do que se fala. Ese equipo estaba a esa hora aí coa cámara porque estaban a facer a conexión en directo para o Telexornal Mediodía, que empeza ás 14.30 horas, e non a gravar imaxes coa praza medio baleira como pensan algúns. Vai haber que cambiar os horarios dos informativos axustándoos aos acontecementos de cada día? Noutras ocasión si pode haber queixa da cobertura que fai a TVG doutros actos, pero non creo que sexa escaso que se fagan varias conexións durante A revista, e que se abra o Telexornal con este tema facendo unha conexión en directo e logo meter outra peza informativa. E se alguén ten queixas, que vai protestar ante os despachos dos xefes, e non a berrarlle o uns profesionais que foron alí a traballar.

    By suso on Out 19, 2009

  3. Caro Suso,

    Acaso afirmar como se afirmou na conexión en directo que o acto estaba finalizado e a xente estaba abandonando a Praza, cando inda estabamos accedendo milleiros de persoas para encher a praza novamente, non é un acto de deliberada manipulación?

    Por outra parte ninguén particularizaba a protesta nos traballadores da TVG, pero na praza non estaba o director xeral da televisión. Ninguén insultou nin agrediu ao xornalista ou ao cámara, pero era lóxico trasladarlle a eles directamente o malestar da decisión da TVG.

    By Xabier Pérez Igrexas on Out 19, 2009

  4. Suso a TVG falou esta mañá de que “Atacan un equipo da TVG na manifestación a prol da lingua”. Eu non sei como lle chamarás ti a iso mais esta xente esta a dicir que os xornalistas foron victimas dunha agresión, ou polo menos é o que eu entendo.

    By Alvaro F G on Out 19, 2009

  5. Cando estás a realizar o teu traballo e te insultan, berran e che dificultan levalo a cabo de forma violenta…… como carallo o chamades?. Primeiro punto; os profesionais alí desprazados poden estar ou non de acordo coa manifestación, pero iso non quita o realizar o seu traballo. Segundo punto; como non tedes nin puta idea do que é unha conexión en directo o mellor que podedes facer e preguntar antes de opinar, xa que non se pode entrar en directo cando che sae do carallo, senón cando tés a tua franxa horaria, otorgada por intelsat, que pode coincidir coa praza chea de xente ou cun bonito retrato da catedral.
    Terceiro punto; se estades reprimidos en vez de berrarlle a uns traballadores, como sodes algúns de vos, outros vivides do conto ou de papi,subides a San Marcos e berrades alí o que queirades. Pantoja so hai unha.

    By Javier on Out 19, 2009

  6. Javier, foi Intelsat quen lle dixo ao xornalista que mentise ao dicer que a manifestación rematara cando non era certo? As argucias técnicas non serven para disimular a obscena distorsión que se perpetrou contra dese acto.

    By Xabier Pérez Igrexas on Out 19, 2009

  7. Os traballadores son os menos culpables. Son uns mandados.

    By andr on Out 20, 2009

  8. Suso a TVG falou esta mañá de que “Atacan un equipo da TVG na manifestación a prol da lingua”. Eu non sei como lle chamarás ti a iso mais esta xente esta a dicir que os xornalistas foron victimas dunha agresión, ou polo menos é o que eu entendo.

    By mirc on Xan 27, 2010

  9. This is a really interesting list! Some of them I never heard before and I will try them.

    By Heart Health Tips on Mar 7, 2011

  1. 4 Trackback(s)

  2. Out 19, 2009: Contra a manipulación da RTVG. : CONTRADISCURSO
  3. Out 19, 2009: Por un BNG de futuro e con futuro » Arquivos » Nada poderá ser igual despois dun 18-O histórico
  4. Out 19, 2009: A “agresión” inventada pola TVG. : CONTRADISCURSO
  5. Out 20, 2009: A Randeeira, blog de guerrilla » A TVG, UNHA FERRAMENTA AO SERVIZO DE FEIJOO

Sorry, comments for this entry are closed at this time.

Olark Livehelp