BpL fai un chamamento ás/aos asistentes da manifestación de Queremos Galego para que compartan material gráfico na Rede.

19 Outubro 2009 – 5:53 p.m.

Dende a Rede de blogueiras/os en defensa do Galego, Blogues pola Lingua (BpL), queremos facer un chamamento ao conxunto de persoas que asistiron á multitudinaria manifestación convocada por Queremos Galego, e que filmaron (en vídeo ou fotografía) o que alí aconteceu, para que compartan na Rede (en blogues, plataformas audiovisuais…) ese material, independentemente da calidade do documento.

O obxectivo é empregar a Rede para ofrecer unha COBERTURA CONTRAINFORMATIVA da histórica mobilización, para difundir socialmente o seu verdadeiro impacto. Fronte a deliberada manipulación da RTVG, propoñémonos que cada unha e cada un de nós exerza de cronista do que realmente aconteceu onte en Compostela, nun esforzo articulado.

Así mesmo ofrecemos o noso sitio web, www.bloguespolalingua.org, para incluír nel unha relación de todos os recursos dispoñíbeis. Para iso tan só é preciso contactar con BpL en correo@bloguespolalingua.org informando de cada contido que se vaia subindo á Rede.

Lugares e servizos nos que dispoñibilizar ese material:

Chuzame! A Facebook A Twitter

  1. 1 Trackback(s)

  2. Out 26, 2009: A Randeeira, blog de guerrilla » As miñas fotos do 18 de outubro

Sorry, comments for this entry are closed at this time.

Olark Livehelp