Non quedes na casa!

16 Outubro 2009 – 5:30 p.m.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Difunde a convocatoria da manifestación de Queremos Galego!

16 Outubro 2009 – 5:20 p.m.

Dende Blogues pola Lingua animamósvos a colaborar na convocatoria da manifestación organizada pola Plataforma Cidadá Queremos Galego! para o vindeiro domingo 18 de outubro, con saída ás 12h dende a Alameda de Compostela.

Para iso podedes:

  • Anunciala cunha entrada no voso blogue, ou comentando sobre esta noutros blogues.
  • Inserindo un banner da convocatoria.
  • Difundindoa entre os vosos contactos a través das Redes Sociais.

Banners

A continuación ofrecémosvos algúns dos banners para anunciar a convocatoria:

QUEREMOSGALEGO

banner392x72

banners234x60

banners120x60

banners120x240

Podes descarregar máis banners dende este sitio web.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Acción conxunta de Blogues pola Lingua na véspera do Día das Letras.

13 Maio 2009 – 7:05 p.m.

A Rede de blogueiras/os en defensa do galego – Blogues pola Lingua, desenvolveremos o vindeiro sábado 16 de maio unha acción virtual conxunta, na véspera do Día das Letras Galegas, co obxecto de amosar a nosa plena adhesión ao “Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego” promovido por A Mesa pola Normalización Lingüística, así como de apoiar e difundir a mobilización convocada por este colectivo para o vindeiro 17 de maio, con saída 12h dende a Alameda de Compostela.

A acción consistirá en que o sábado 16 de maio, TODAS e TODOS os blogueiros membros de BpL engadiremos unha entrada nos nosos respectivos blogues, na que incluiremos alén do que cada un/unha estime oportuno, o seguinte TEXTO COMÚN:

O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.

(“Da Vella Roseira”, Victoriano Taibo)

Mañá 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas manifestándonos en Compotela en defensa do noso idioma. Poque o galego é a nosa columna vertebral, o idioma que nos une. Vén cada nós, para expresarmos todas e todos xuntos que queremos vivir en galego.

Adherímonos así mesmo ao “Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego“, promovido por A Mesa pola Normalización Lingüística.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp